Fortini/Cani + Toda revolución é unha tirada de dados
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Fortini/Cani + Toda revolución é unha tirada de dados
- Jean-Marie Straub & Danièle Huillet
- Repertorio
- DCP2K
O impulso do que agroma esta película é a lectura do panfleto comunista e anti-sionista Il cani del sinai, escrito polo poeta florentino Franco Fortini pouco despois da guerra dos Seis Días. Aos realizadores non lles interesaba tanto o argumento anti-imperialista como a crítica do pasado de Italia que o texto formulaba con gran ferocidade.
A proxección irá acompañada da curtametraxe Toda a revolución é unha tirada de dados (Jean-Marie Straub & Danièlle Huillet, 1977, 10'), lectura no cemiterio parisino de Père Lachaise do poema de Stéphane Mallarmé Una tirada de dados jamás abolirá el azar.
*NOTA: A sesión pode ter un subtitulado particular con certas frases ou fragmentos sen subtítulos. Isto non se debe a ningún erro, senón á maneira en que Straub e Huillet querían que se subtitulasen os seus filmes.
- Título orixinal: Fortini/Cani
- Ano: 1977
- Duración: 83 minutos
- Idioma orixinal: Italiano, hebreo
- Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
- Guión: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub (libro: Franco Fortini)
- Elenco: Adriano Aprà, Franco Fortini, Luciana Nissim
- Montaxe: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
- Son: Jeti Grigioni
- Fotografía: Renato Berta, Emilio Bestetti
- Produtora: Rai Due, Straub-Huillet, Institut National de l'Audiovisuel, Polytel International Film, Artificial Eye, New Yorker Films (Italia-Francia-RFA-Reino Unido-EEUU)
- Distribuidora: Belva Films