Hapiness

  • Repertorio
  • VOSE
Proximamente

Hapiness

As vidas de tres irmás e das persoas que as rodean entrecrúzanse nun suburbio de Nova Jersey no que a aparencia de normalidade agocha frustracións, desexos e segredos perturbadores. Joy, Helen e Trish buscan, cada unha á súa maneira, unha felicidade que semella sempre fóra do seu alcance. Un filme irónico e implacable que explora con humor negro e cunha ollada incómoda os tabús sexuais, a soidade e as contradicións da vida cotiá.

  • Título orixinal: Hapiness
  • Ano: 1998
  • Duración: 140 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Todd Solondz
  • Guión: Todd Solondz
  • Elenco: Jane Adams, Jon Lovitz, Philip Seymour Hoffman, Dylan Baker, Lara Flynn Boyle, Justin Elvin, Cynthia Stevenson
  • Montaxe: Alan Oxman
  • Fotografía: Maryse Alberti
  • Produtora: Ted Hope, Christine Vachon, David Linde, James Schamus e Pamela Koffler
Cannes 1998 (Premio FIPRESCI)