Do revés

  • Estrea
  • DCP2K
  • Todos os públicos
  • VOSE

Do revés

  • Estrea
  • DCP2K
  • Todos os públicos

Facerse maior pode ser un camiño cheo de obstáculos. Tamén para Riley, que ten que deixar a súa vida no Medio Oeste cando o seu pai consegue un novo traballo en San Francisco. Como todos nós, Riley é guiada polas súas emocións: Alegría, Medo, Noxo e Tristeza. As emocións viven en Cuarteis Xerais, o centro de control dentro da cabeza de Riley, desde onde a axudan e aconsellan ao longo do seu día a día. Riley e as súas emocións procuran adaptarse á súa nova vida en San Francisco, mais o caos se instala nos Cuarteis Xerais. Aínda que Alegría, a emoción principal e máis importante de Riley, procura manter unha actitude positiva, as emocións chocan á hora de decidiren como actuar nunha nova cidade, un novo fogar e unha nova escola.

  • Título orixinal: Inside Out
  • Ano: 2015
  • Duración: 94 minutos
  • Dirección: Pete Docter, Ronaldo Del Carmen
  • Guión: Michael Arndt (Historia: Pete Docter)
  • Elenco: Amy Poehler, Phyllis Smith, Richard Kind, Bill Hader, Lewis Black, Mindy Kaling, Kaitlyn Dias, Diane Lane, Kyle MacLachlan
  • Montaxe: Kevin Nolting
  • Dirección de arte: Bert Berry
  • Vestiario:
  • Son:
  • Música: Michael Giacchino
  • Fotografía:
  • Produtora: Pixar Animation Studios, Walt Disney Pictures (EUA)
  • Distribuidora: Walt Disney España