Jar City / As marismas

  • Estrea
  • HD
  • VOSE

Jar City / As marismas

Mentres un pai desesperado tenta pescudar que causou a morte da súa filla de cinco anos, o estoico inspector Erlendur investiga o asasinato dun ancián solitario nun humilde apartamento subterráneo. O inspector e o seu equipo non teñen moitas pistas, pero a fotografía dunha moza nunha tumba dálles un lugar onde comezar. Pronto descobren que moitos anos atrás a vítima foi acusada —pero non condenada— de participar nunha violación en grupo, e destaparán así unha historia de corrupción policial e brutalidade. Volveu o pasado para saldar contas? A medida que Erlendur reabre este caso arquivado, a investigación lévao a un inusual rastro de evidencias forenses, e a revelar segredos que se tecen na historia xenética dun país enteiro. Baseada na novela policial do celebrado escritor islandés Arnaldur Indridason, o filme explora con habilidade as íntimas relacións que unen os habitantes dun país homoxéneo e illado. Foi un éxito de público no seu país e resulto gañadora en múltiples festivais, entre outros, Karlovy Vary (2007).

  • Título orixinal: Mýrin
  • Ano: 2006
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Islandés
  • Dirección: Baltasar Kormákur
  • Guión: Arnaldur Indriðason, Baltasar Kormákur (Novela: Arnaldur Indriðason)
  • Elenco: Ingvar Eggert Sigurðsson, Ágústa Eva Erlendsdóttir, Björn Hlynur Haraldsson, Ólafía Hrönn Jónsdóttir, Atli Rafn Sigurðsson
  • Música: Mugison
  • Fotografía: Bergsteinn Björgúlfsson
Karlovy Vary 2007 (Mellor filme)