Curtocircuíto 2015<br>Retrospectiva Jørgen Leth

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Curtocircuíto 2015<br>Retrospectiva Jørgen Leth

  • Estrea
  • DCP2K

SÁBADO 10 DE OUTUBRO — 20:00

Pelota II (Work in progress)

Jørgen Leth e Olatz G. Abrisketa | 2015 | España, Dinamarca | DOC | COL

Trinta anos despois de realizar Pelota, o cineasta danés Jørgen Leth volve a Euskadi para gravar un novo documental sobre o deporte vasco, esta vez xunto a Olatz González Abrisketa. A antropóloga contoulle algo que entón el descoñecía: “A pelota é un ser vivo. Cada unha é diferente do resto e hai que escoitalas como é debido para recoñecelas”.

Produción: Basquefilms e Sunset Productions Inc.

DOMINGO 11 DE OUTUBRO — 17:00

JORGEN LETH 5 – Escenas desde América

66 scener fra Amerika

66 escenas de América

Jørgen Leth | 1982 | Dinamarca | 42:00 | DOC | COL

O filme é unha impresión subxectiva persoal, percibida e sentida con agudeza. Trata de identificar calquera cousa que cause fascinación e de trasladala a un contexto inesperado. En palabras de Jørgen Leth: “Un documental sobre os Estados Unidos na actualidade. Abrangue impresións, eventos, cousas, persoas, pensamentos e sentimentos de maior ou menor importancia. É unha colección de imaxes dun país que nos resulta estraño e incomprensible en moitos aspectos, pero no que vemos un reflexo da nosa propia cultura e co que están relacionados –queirámolo ou non- os nosos soños.”

Produción: John & Leth Film | -

Distribución: Danish Film Institute | [email protected] | -

Gadeartister i New York

Artistas nas rúas de Nova Iorque

Jørgen Leth, Ole John | 1982 | Dinamarca | 34:00 | DOC | COL

Leth e John atopan a varios artistas actuando nas rúas de Nova Iorque.

Produción: John & Leth Film | -

Distribución: Danish Film Institute | [email protected] | -

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2015<br>Retrospectiva Jørgen Leth