Kiro

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Estrea 11 de decembro

Kiro

  • Estrea
  • DCP2K

Ana Kiro foi a icona da diáspora galega. Despois de emigrar a Barcelona e entrar na escena musical coa disqueira Belter, empezou a cantar en galego en 1976, vendendo máis de cen mil copias do seu éxito Galicia, Terra Meiga. Ata a súa morte en 2010, Kiro converteuse nunha diva popular nos oitenta e noventa, percorrendo Galicia e actuando por Europa e América Latina. Kiro é unha celebración da súa figura e da súa relación especial co público. Un fenómeno cultural que explica unha sociedade enteira, cos seus defectos e contradicións. Unha película sobre o poder emocional da "música lixeira" nunha cultura minorizada e marcada pola emigración.

  • Título orixinal: Kiro
  • Ano: 2026
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: María Yáñez Anllo
  • Guión: María Yáñez, Cibrán Tenreiro, María Villamarín
  • Participación: Carmen Quiroga, Carlos Rivero, Xosé Ramón Gayoso
  • Montaxe: Carlos Prieto
  • Dirección de arte: Uxía Vaello
  • Vestiario: Uxía Vaello
  • Son: Alba Pego
  • Música: Ana Kiro
  • Fotografía: Alicia Francés
  • Produtora: Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre
  • Distribuidora: Baños Films