La guardería

  • Estrea
  • VO

La guardería

En 1978, cando o autodenominado Proceso de Organización Nacional da Arxentina xa levaba dous anos, un grupo de militantes exiliados, da organización revolucionaria Montoneros, idearon «a contraofensiva montonera», un plan para regresar e loitar contra a ditadura. Para levalo a cabo, os militantes crearon La Guardería, unha casa na Habana onde crecerían seguros os seus fillos ao coidado de compañeiros da organización. A directora, unha das nenas de La Guardería, ofrécenos imaxes de arquivo e o testemuño daqueles nenos que sendo xa adultos, analizan coa perspectiva dos anos todo o vivido nesa época.

  • Título orixinal: La guardería
  • Ano: 2015
  • Duración: 71 minutos
  • Dirección: Virginia Croatto
  • Guión: Gustavo Alonso, Carlos Galvis
  • Participación: Amor Perdia, Ana Victoria Binstock, Mariana Chaves Ramella, Mario Yäger, Fernanda Raverta, Ana Montoto Raverta, Paula Herrera Locascio, Lucía Zverko Courtaux
  • Montaxe: Lucas D’ Alo, Virginia Croatto
  • Fotografía: Marcelo Iaccarino, Ignacio Masllorens
  • Produtora: CEPA Audiovisual, Tiempo Beta (Arxentina)