La sombra de la ley
- Estrea
- DCP2K
- +16
- VO
La sombra de la ley
- Estrea
- DCP2K
- +16
Ano 1921. España vive un momento axitado e caótico: son os anos do chumbo, froito dos violentos enfrontamentos na rúa entre matóns e anarquistas. O gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpábeis do roubo a un tren militar. Aníbal e as súas formas non encontran moito apoio entre os seus compañeiros e axiña comezan os enfrontamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto. Aníbal entrará en contacto non só cos baixos fondos da sociedade barcelonesa, senón tamén co mundo anarquista máis radical, disposto a todo para conseguir os seus obxectivos. Alí coñecerá a Sara, unha moza loitadora e temperamental, cuxo encontro terá consecuencias inesperadas para ambos.
- Título orixinal: La sombra de la ley
- Ano: 2018
- Duración: 120 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Dani de la Torre
- Guión: Patxi Amezcua
- Elenco: Luis Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous, Manolo Solo, Jaime Lorente, Pep Tosar, Fernando Cayo, William Miller
- Montaxe: Jorge Coira
- Dirección de arte: Elia Robles, Manuel Romero, Sandra Wahlbeck
- Vestiario: Clara Bilbao
- Son: David Machado
- Música: Manuel Riveiro, Xavier Font
- Fotografía: Josu Inchaustegui
- Produtora: Vaca Films, Atresmedia Cine, Movistar+, Televisión de Galicia
- Distribuidora: Fox