Lobo

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

Lobo

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12

Arabia, 1916. Theeb -lobo en árabe- vive coa súa tribo beduína nun recanto esquecido do Imperio Otomano. Despois de perder recentemente a seu pai, Hussein debe criar ao seu irmán Theeb. As súas vidas son interrompidas coa chegada dun oficial do exército británico e o seu guía nunha misión misteriosa. Incapaz de negar a súa axuda ao británico por temor a deshonrar a reputación do seu defunto pai, Hussein comprométese a acompañalos ao seu destino, un pozo de auga no antigo roteiro de peregrinación á Meca.

  • Título orixinal: Theeb
  • Ano: 2014
  • Duración: 100 minutos
  • Dirección: Naji Abu Nowar
  • Guión: Naji Abu Nowar, Bassel Ghandour
  • Elenco: Jacir Eid, Hassan Mutlag, Hussein Salameh, Marji Audeh, Jack Fox
  • Montaxe: Rupert Lloyd
  • Dirección de arte: Samy Keilani
  • Vestiario: Jamila Aladdin
  • Son: Jay Price
  • Música: Jerry Lane
  • Fotografía: Wolfgang Thaler
  • Produtora: Bayt Al Shawareb, Immortal Entertainment (Xordania), Noor Pictures (Reino Unido)
  • Distribuidora: Film Buró
Oscar 2015 (nomeado ao mellor filme de fala non inglesa), BAFTA 2015 (mellor debut dun escritor, director ou produtor británico), Venecia 2014 (mellor director)