Lola Montes
- Repertorio
- DCP4K
- VOSE
Lola Montes
- Repertorio
- DCP4K
Nacida en Irlanda, Lola (Martine Carol) foi a amante de grandes homes como o músico húngaro Franz Liszt ou Luis I de Baviera. Xa no ocaso da súa carreira, traballou nun circo de Nova Orleáns, Louisiana, onde realizaba un número acrobático mentres un mestre de cerimonias (Peter Ustinov) narraba ao público a súa escandalosa vida.
Copia restaurada en 4K que recupera a montaxe orixinal da última obra mestra de Max Ophüls. O traballo de restauración foi comandado pola Cinemateca Francesa e supervisado por Marcel Ophüls, fillo do cineasta. A estrea da nova fita tivo lugar na sección Cannes Classics de 2008.
- Título orixinal: Lola Montes
- Ano: 1955
- Duración: 110 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Max Ophüls
- Guión: Jacques Natanson, Annette Wademant, Max Ophüls. Novela: Cécil Saint-Laurent
- Elenco: Martine Carol, Peter Ustinov, Anton Walbrook, Oskar Werner, Ivan Desny, Lise Delamare
- Montaxe: Madeleine Gug
- Dirección de arte: Pierre Duquesne
- Vestiario: Georges Annenkov
- Son: Hans Endrulat, Jean Nény, Antoine Petitjean
- Música: Georges Auric
- Fotografía: Christian Matras
- Produtora: Gamma Films, Florida Films, Unionfilms (Francia)
- Distribuidora: Proserpa