Lonelyhearts / Corazóns solitarios
- Repertorio
- VOSE
-
- VOSE
Lonelyhearts / Corazóns solitarios
- Cineuropa 2024
- Repertorio
Adam White é un xornalista desesperado por atopar un traballo do seu. Nun bar coñece a Florence, a muller dun editor chamado Shrike, e este ofrécelle un posto na sección de consellos sentimentais do xornal. Shrike martiriza a súa muller alcohólica lembrándolle acotío o seu pasado adúltero e asígnalle aos seus empregados traballos que non queren. Un día Shrike proponlle a Adam seducir a unha das correspondentes do diario para que esta cita se convirta nun xogo que poida retratar nun artigo. White está dividido entre a lealdade ao seu novo traballo e a fidelidade e o respecto á súa parella, Justy. Un filme liberal que non deu pasado a censura franquista no momento da súa estrea.
- Título orixinal: lonelyhearts
- Ano: 1958
- Duración: 103 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Vincent J. Donehue
- Guión: Dore Schary. Baseado nunha obra de Nathanael West
- Elenco: Montgomery Clift, Robert Ryan, Myrna Loy, Dolores Hart, Maureen Stapleton
- Montaxe: John Faure, Aaron Stell
- Fotografía: John Alton
- Produtora: Dore Schary