Loving Vincent

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSG

Máis sesións

Loving Vincent

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSG

Francia, verán de 1891. O mozo Armand recibe unha carta de seu pai, o carteiro Joseph Roulin, para entregala en man en París ao irmán do seu amigo Vincent Van Gogh. Pero en París non hai rastro de Theo, do que contan que morreu pouco tempo despois de que o seu irmán Vincent se quitara a vida. Así comeza Loving Vincent, a primeira película realizada ao óleo da historia do cinema. A través de máis de 65.000 fotogramas animados, pintados a man por artistas de todo o mundo, a película dá vida aos cadros de Van Gogh percorrendo a misteriosa vida do pintor a través das cartas que con frecuencia escribía aos seu irmán pequeno Theo.

Filme subtitulado ao galego por NUMAX grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

  • Título orixinal: Loving Vincent
  • Ano: 2017
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Dorota Kobiela, Hugh Welchman
  • Guión: Dorota Kobiela, Hugh Welchman, Jacek Dehnel
  • Elenco: Voces: Douglas Booth, Helen McCrory, Saoirse Ronan, Aidan Turner, Eleanor Tomlinson, Chris O'Dowd, Jerome Flynn
  • Montaxe: Dorota Kobiela, Justyna Wierszynska
  • Dirección de arte: Daniela Faggio, Luke Gledsdale
  • Vestiario: Dorota Roqueplo
  • Son: Clive Copland
  • Música: Clint Mansell
  • Fotografía: Animación: Tristan Oliver, Lukasz Zal
  • Produtora: Centrum Technologii Audiowizualnych, Polski Instytut Sztuki Filmowej (Polonia), BreakThru Productions, Trademark Films, Silver Reel, Odra Film (Reino Unido)
  • Distribuidora: Karma Films
Globos de Ouro 2017 (Nomeado a mellor filme de animación), Premios do Cinema Europeo 2017 (Mellor longametraxe de animación), Annie 2017 (Nomeado a mellor filme independente, guión e música), Annecy 2017 (Premio do público), Satellite Awards 2017 (Mellor longametraxe de animación)