Lucky
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
Lucky
- Estrea
- DCP2K
- +12
A viaxe espiritual dun home de noventa anos. Cunha saúde de ferro, Lucky sobreviviu máis que os seus contemporáneos, o que o anima a reformular a súa vida e buscar unha revelación. O último traballo de Harry Dean Stanton (célebre polos seus papeis en París, Texas, Alien ou Twin Peaks) é unha tenra fábula existencialista. Na barra dun bar e con Johnny Cash soando de fondo, reencóntrase con algúns dos colegas que marcaron a súa vida (a do personaxe do filme e a do propio actor). Entre eles destaca David Lynch nun dos papeis principais.
- Título orixinal: Lucky
- Ano: 2017
- Duración: 88 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: John Carroll Lynch
- Guión: Logan Sparks, Drago Sumonja
- Elenco: Harry Dean Stanton, Ed Begley Jr., Beth Grant, James Darren, Barry Shabaka Henley, Yvonne Huff, David Lynch, Hugo Armstrong, Bertila Damas
- Montaxe: Robert Gajic
- Dirección de arte: Elana Farley
- Vestiario: Lisa Norcia
- Son: Alex Altman, Michael Baird
- Música: Elvis Kuehn
- Fotografía: Tim Suhrstedt
- Produtora: Superlative Films, Divide, Conquer, Lagralane Group (EEUU)
- Distribuidora: Avalon
Locarno 2017 (Competición internacional), Gotham 2017 (Nomeado a mellor actor —Harry Dean Stanton—), Satellite Awards (Mellor actor —Harry Dean Stanton— e ópera prima), Xixón 2017 (Mellor actor —Harry Dean Stanton—)