Retrospectiva Maddi Barber #02: Gorria + Yours Truly + Core
- Estrea
- DCP2K
- VO
Retrospectiva Maddi Barber #02: Gorria + Yours Truly + Core
- Estrea
- DCP2K
Gorria (Maddi Barber | 2020 | 22 min)
Vísceras, un rabaño de ovellas, unha primavera. Arrolo de pombas e cancións coa boca pechada. Algúns voitres, ósos, flores e moitas mans. Mans que dan de comer, ordenan, aloumiñan, esquilan, filman, mans que matan. Mans que habitan as dúbidas e contradicións sobre o manexo doutras especies.
Yours Truly (Maddi Barber & Charlotte Hoskins & Christopher Murray | 2018 | 15 min)
Segue o camiño percorrido polas pezas taxidérmicas incorporadas á colección do Museo de Manchester durante os séculos XIX e XX. A correspondencia entre os seus directores, os membos das expedicións e os integrantes da nobreza británica desvelan as historias dos especímenes.
Core (Maddi Barber & June Crespo | 2023 | 21 min)
Este vídeo documenta os diferentes estados polos que pasa o cemento: pedra / po, líquido / sólido. As artistas entrelazan dous procesos aparentemente distantes: unhas mans que percorren e manipulan unhas esculturas de cemento e o proceso de extracción e transformación de pedras nunha canteira. Trátase dun encontro e unha fricción entre diferentes materiais e partes do corpo, que é á súa vez o resultado do encontro ye negociación de dúas linguaxes artísticas: o escultórico de June e o cinematográfico de Maddi.
- Título orixinal: Retrospectiva Maddi Barber #02: Gorria + Yours Truly + Core
- Idioma orixinal: Español