Mañana a esta hora
- Estrea
- VO
Mañana a esta hora
- Cineuropa 2017
- Estrea
Adelaida, unha fermosa moza de dezasete anos, vive cos seus pais: Lena, unha planificadora de eventos, e Francisco, un escultor e profesor de arte. Xuntos, gozan dunha cómoda vida familiar nun apartamento de Bogotá, cos usuais altibaixos da monotonía. Pero axiña as gretas comezan a verse na fachada desta familia perfecta. Dado que Francisco non se involucra nos detalles do seu fogar, a meirande parte dos traballos domésticos e a crianza da súa filla recaen sobre a angustiada Lena. Aínda que forte e motivada, cústalle cumprir á perfección co rol de nai traballadora. Na etapa máis álxida da súa angustia adolescente e enfrontando a súa propia crise de identidade, Adelaida choca coa súa nai: nun momento é doce, cariñosa e aplicada; ao seguinte, salvaxe, tempestuosa e desafiante, quedando fóra ata tarde para pasar tempo cos seus amigos e coquetear con mozos. Ata que a traxedia golpea. Perturbada, a familia deberá enfrontar o seu reto máis grande ata o momento. Desesperados por aferrarse aos lazos que os unen, deberán resistir á incerteza que trae o mañá.
- Título orixinal: Mañana a esta hora
- Ano: 2016
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Lina Rodríguez
- Guión: Lina Rodríguez
- Elenco: Laura Osma, Maruia Shelton, Francisco Zaldua, Clara Monroy, Catalina Cabra, Francisco Restrepo, Juan Miguel Santana, Juan Pablo Cruz Pablo, Valentina Gómez, Alejandra Adarve, Kala Cruz, Martha Eneried Gómez, Carlos Lozada, Liliana Posada Leaño, Fabián Jimenez
- Montaxe: Lina Rodriguez, Brad Deane
- Fotografía: Alejandro Coronado
- Produtora: Rayon Vert (Colombia / Canadá)