Curtocircuíto 2015<br>Carta branca: Manolo González

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2015<br>Carta branca: Manolo González

  • Estrea

MÉRCORES 7 DE OUTUBRO — 20:00

CARTA BRANCA — Manolo González 1

O carro e o home

Antonio Román | 1942 | España | 11:08 | DOC | B/N

En 1940 o cineasta ourensán Antonio Román realizaba o filme El hombre y el carro con guión e produción de Xaquín Lorenzo e montaxe de Carlos Serrano de Osma. A película é un relato lineal da vida do carro acompasado este á vida das persoas que usan del guiándonos por diferentes angueiras nas que se ocupan as xentes da aldea. Un copión do filme aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense e conservado logo no Museo do Pobo Galego serviu para que en 1980 e coa colaboración desta entidade que ten os dereitos das obra intelectual de Xaquín Lorenzo, Eloi Lozano montara unha nova versión do documental cunha locución do propio Xocas. Esta segunda versión é O carro e o home.

O pai de Migueliño

Miguel Castelo | 1976 | España | 11:08 | FIC | COR

Miguel é un emigrante galego que viaxa nun tren mentres lembra a súa infancia. Cando era neno esperaba que seu pai, que viña da emigración americana, viñera rico. En realidade veu peor que cando marchara. Adaptación do conto de “Cousas”, de Alfonso R. Castelao.

Mamasunción

Chano Piñeiro | 1984 | España | 20:00 | FIC | COR

A historia dunha muller, unha nai, que leva indo corenta anos ó Correo. Vai tódolos días a espera-la carta do fillo que está na emigración en México. Un día recibe a primeira carta, pero ela non sabe ler.

Galicia caníbal

Xavier Vilaverde | 1987 | España | 6:30 | Videocreación | COR

Unha das pezas insignes da denominada movida galega que baixo a aparencia dun videoclip d'Os Resentidos, realiza un retrato crítico de Galicia con moita retranca

O resplandor da morte

Milagros Bará | 1991 | España |16:00 | FIC | COR

Un home, unha muller e un rapaz viven nunha casa. Pero un día...

Coruña imposible

Francisco Rañal | 1996 | España | 11:25 | FIC | B/N

Un pobre home aparece, sen saber como, en calzóns no medio da rúa. Intentará volver á súa casa, pero non lle vai resultar doado...

XOVES 8 DE OUTUBRO — 20:00

CARTA BRANCA — Manolo González 2

1977

Peque Varela | 2007 | España | 8:24 | Animación | COR

Unha pequena cidade, un nó que medra e unha rapaza na procura da súa identidade

Os señores do vento

Xurxo Chirro | 2008 | España | 10:25 | DOC | COR

Eles patentaron un sistema para dominar o vento... Dirixiron centos de botellas desafiando o ceo... Mais a vida, coma as botellas, tamén dá voltas... Cada vez quedan menos... Eles son... Os señores do vento.

Paris #1

Oliver Laxe | 2008 | España | 34:28 | DOC | B/N

Un grupo de amigos comparte unha experiencia cinematográfica nunha rexión de España, Galicia. O obxectivo é simple: gravar o que lles guste, sen ideas preconcebidas sobre o que hai que filmar. Queren que as súas imaxes reflictan os sentimentos que os unen coas persoas que van atopando.

Pantasmas#1

Ángel Santos Touza | 2010 | España | 9:00 | DOC | COR

Unha reflexión arredor das imaxes da memoria, o paso do tempo e a propia identidade a través da utilización de material de arquivo familiar da infancia.

Ser e voltar

Xacio Baño | 2014 | España | 13:00 | DOC | COR

Un cineasta novo (?) regresa á casa de seus avós para facerlles un video-retrato. Diso trata o Cine, non?

Galicia

Carlos Velo / Fernando G. Mantilla | 1936 | España | 8:27 | DOC | B/N

Galiza. Terra occidental de Europa. É a avanzada de España cara ao Atlántico. País verde, fecundo, de ríos silandeiros e serras suaves. País de longos invernos húmidos e cincentos, de xentes que falan unha lingua poética e doce, de aldeas brancas e verdes vales.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2015<br>Carta branca: Manolo González