El mar nos mira de lejos

  • Estrea
  • DCP
  • VO

El mar nos mira de lejos

Entre o documental e a ficción, a lenda dunha antiga e esquecida civilización xace enterrada baixo grandes extensións de dunas no sur de España. Desde hai algo máis dun século varios viaxeiros chegaron ata ese recóndito territorio buscando as pegadas de antigos poboadores, talvez os restos dunha cidade sepulta polas areas, ou acaso unha sorte de utopía extraviada. Ignorantes deses mitos e das ilusións románticas de arqueólogos e aventureiros, uns poucos homes, apenas visibles entre os areais, habitan hoxe en soidade ese lugar fronte ao mar.

  • Título orixinal: El mar nos mira de lejos
  • Ano: 2017
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Manuel Muñoz Rivas
  • Guión: Mauro Herce, Manuel Muñoz Rivas
  • Son: Joaquín Pachón
  • Fotografía: Mauro Herce
  • Produtora: Azhar Media, CTM Docs, El Viaje Films, 59 en Conserva (España)
Festival Cinespaña de Toulouse 2017 (Mellor documental)