Wa Ada Maroun Ila Beirut / Maroun volve a Beirut
- Estrea
 - VOSE
 
Wa Ada Maroun Ila Beirut / Maroun volve a Beirut
- Cineuropa 2024
 - Estrea
 
Feyrouz Serhal realiza unha viaxe dun día por Beirut para explorar a vida e obra do falecido cineasta Maroun Baghdadi. Percorre as rúas da cidade, que moldearon profundamente a súa viaxe na vida e mais no cinema, e vai atopando a persoas achegadas a el e coas que compartiu a experiencia da guerra civil. Así que vai avanzando na investigación, vai aflorando tamén o trasfondo sociopolítico que influíu na obra de Maroun e vaise vendo como o seu cine capturou as historias da nación. A película ofrece unha perspectiva actual sobre os últimos cincuenta anos da historia do Líbano, conectando o pasado co presente.
- Título orixinal: Wa Ada Maroun Ila Beirut
 - Ano: 2024
 - Duración: 125 minutos
 - Idioma orixinal: Árabe
 - Dirección: Feyrouz Serhal
 - Guión: Feyrouz Serhal
 - Elenco: Hassan Daoud Fawwaz Traboulsi, Souraya Khoury Baghdadi, Elie Adabachi, Joana Hadjithomas, Rana Eid, Michel Kammoun, Eliane Raheb, Hady Zaccak, Raja Zgheib, Nour Dimachkieh, Evelyne Hlais, Raymond Zakaria, Mariane Fayyad
 - Montaxe: Maria Malek
 - Fotografía: Rachelle Noja
 - Produtora: Bekkar Mehdi, Choucair Cynthia
 
                            Seleccionada no programa de Clásicos do Festival de Venecia 2024