Martin Eden

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

Martin Eden

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

Cando o traballador non cualificado Martin Eden coñece a Elena, a filla dunha rica familia de empresarios, é amor a primeira vista. A rapaza refinada e culta non tarda en converterse nunha obsesión para Martin, que espera que os seus soños de facerse escritor o axuden a superar as súas humildes orixes e lle permitan casar con Elena.

Con moita determinación e superando grandes dificultades, Martin proponse obter a educación que a súa clase social lle negou. Martin atopa apoio nun amigo maior ca el, o intelectual de esquerdas Russ Brissenden, e non tarda en integrarse en círculos socialistas. Isto non só o leva a asumir un compromiso político e a desenvolver actitudes destrutivas, tamén crea un conflito con Elena, e a súa contorna burguesa.

  • Título orixinal: Martin Eden
  • Ano: 2019
  • Duración: 129 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Pietro Marcello
  • Guión: Maurizio Braucci, Pietro Marcello
  • Elenco: Luca Marinelli, Jessica Cressy, Denise Sardisco, Vincenzo Nemolato, Carmen Pommella, Carlo Cecchi
  • Montaxe: Aline Hervé, Fabrizio Federico D
  • Dirección de arte: Tiziana Poli
  • Vestiario: Stefano Grosso
  • Son: Stefano Grosso
  • Música: Marco Messina, Sacha Ricci
  • Fotografía: Alessandro Abate, Francesco Di Giacomo
  • Produtora: Coproducción Italia-Alemania-Francia; L'Avventura Film B.V, IBC Movie, The Match Factory, RAI Cinema, Shellac Sud
  • Distribuidora: Wanda Visión
TIFF 2019 (Sección Oficial Platform-Premio a Mellor película), Festival de Sevilla 2019 (Giraldilla de Oro a Mellor película), Venecia 2019 (Sección Oficial-Mellor actor)