Cineuropa 2019 - Mektoub, My Love: Canto I

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2019 - Mektoub, My Love: Canto I

Verán de 1994. Amin, un mozo aspirante a guionista e fotógrafo, volve á súa vila natal na costa sur de Francia logo de vivir un ano en París. Así que chega descobre que o seu curmán Tony mantén unha relación en segredo coa moza Ophélie, que está prometida. Amin bota os días na praia mentres se vai reencontrando cos seus, todos de orixe tunisiana. Coñecerá varias mozas que gozan do verán, especialmente a liberal Céline e a cándida Charlotte, seducida polo mullereiro Tony. Polas noites todos saen de festa a divertirse. Sempre discreto e reservado, Amin observa os xogos de sedución ao seu arredor, anhelando vivir o seu propio romance coma nos filmes. Pero cando se trata do amor, só o mektoub (‘destino’, en árabe) pode decidir.

  • Título orixinal: Mektoub, My Love: Canto I
  • Ano: 2016
  • Duración: 174 minutos
  • Idioma orixinal: Francés, inglés
  • Dirección: Abdellatif Kechiche
  • Guión: Abdellatif Kechiche, Ghalia Lacroix
  • Elenco: Shaïn Boumedine, Ophélie Bau, Lou Luttiau, Salim Kechiouche, Alexia Chardard, Hafsia Herzi, Kamel Saadi, Hatika Karaoui, Estefania Argelich, Sieme Miladi, Meleinda Elasfour, Delinda Kechiche, Karina Kolokolchykova
  • Música: Rémi Barbot
Nomeada a mellor actriz revelación (Ophélie Bau) nos Premios César, Sección oficial de longametraxes a concurso no Festival de Venecia 2017