Resonancias do pasado

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Resonancias do pasado

A través de vellas películas que gardaba a veciñanza de Vilagarcía de Arousa e que doaron á asociación O Faiado da Memoria, reconstrúese a vida dun pobo que xa pouco ten que ver con aquel que se representa. O filme compón e descompón un crebacabezas de vivencias e espazos que van dos anos 20 aos 80 e que un grupo de persoas de distintas idades, reunidas arredor dun proxector nun hipotético salón dunha casa, van vendo e comentando as imaxes.

Coa presentación dos directores.

  • Título orixinal: Resonancias do pasado
  • Ano: 2021
  • Duración: 66 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro