MICE 2023: Destello bravío
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
MICE 2023: Destello bravío
- MICE 2023
- Estrea
- DCP2K
- +12
O filme baséase no documental para narrar a vida nunha pequena comunidade extremeña e as fascinantes persoas que alí habitan. Gañadora no Festival de Málaga da Biznaga de Plata, Premio do Xurado e Mellor Montaxe.
Destello bravío está protagonizada por non actrices, mulleres rurais de diferentes idades, vellas, novas, que non seguen patróns normativos de físico perfecto porque teñen caras reais, corpos reais. Fan visible o natural, o cotián, algo que non adoita ser “a norma”. Levan ao traballo a súa verdade emocional.
“Vai pasar un fulgor bravío, todo vai cambiar…”, Isa fálase a si mesma deixándose mensaxes na súa gravadora para cando desapareza ou perda a memoria. Cita séntese atrapada nun matrimonio e nunha casa chea de santos e virxes. María regresa á poboación onde naceu para afrontar a súa soidade. As mulleres desta pequena localidade rural, suspendida no tempo e e que sofre o problema da despoboación, viven entre a apatía cotiá onde nada extraordinario ocorre, e un profundo desexo de experiencias liberadoras que as leven ao lugar onde foron felices ou soñaron selo.
Ao rematar a proxección: Coloquio: Ainhoa Rodríguez e A Cuarta Parede
- Título orixinal: Destello bravío
- Ano: 2021
- Duración: 98 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Ainhoa Rodríguez
- Distribuidora: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - MICE