Milford Graves Full Mantis

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Milford Graves Full Mantis

«Milford Graves Full Mantis» é o retrato filmado do famoso percusionista Milford Graves, que explora a súa caleidoscópica e inesgotábel creatividade. Graves actuou internacionalmente desde 1964, tanto como solista como en conxuntos con lendas como Albert Ayler, Giuseppe Logan e Sonny Sharrock. É un pioneiro fundador do jazz de vangarda e segue a ser unha das figuras vivas máis influentes da evolución da forma. O filme conduce o espectador a través do xardín exuberante e a ornamentada casa do artista, o espazo para as artes marciais do seu patio traseiro e o laboratorio no seu soto, todo isto a poucas mazás de onde medrou no proxecto de vivendas de South Jamaica en Queens

  • Título orixinal: Milford Graves Full Mantis
  • Ano: 2018
  • Duración: 97 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Jake Meginsky, Neil Young
  • Guión: Milford Graves, Jake Meginsky
  • Participación: Milford Graves
  • Montaxe: Jake Meginsky, Neil Young
  • Son: Ernst Karel
  • Música: Milford Graves
  • Fotografía: Neil Young
  • Produtora: Mantis Film (Estados Unidos)
Sarasota 2018 (Mellor filme), Oak Cliff 2018 (Mellor documental)