Mimoza caprichosa

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Mimoza caprichosa

Mimoza é unha nena que non quere compartir os seus xoguetes, impide o xogo no patio e é coñecida como "a malcriada". Comeza a sentirse soa e decátase de que bota en falta a alegría proporcionada polo xogo en grupo. Arrepentida, Mimoza inicia unha transformación ata volver xuntarse co grupo de amigas e xogar todas xuntas no patio. A representación da mala educación convive con visións desoladas da cidade contemporánea e conta con potentes retratos nunha montaxe sobresaliente, aprendida por Keko na súa estancia en Moscova entre 1950 e 1952. Mimoza caprichosa forma un díptico con Kryengritje në pallat [Revolta no palacio, 1972], unha fábula surrealista na que os xoguetes rotos cobran vida e realizan un xuízo sumario aos nenos que os esnaquizaron.

Organizan Museo Reina Sofía e NUMAX

  • Título orixinal: Mimoza llastica
  • Ano: 1974
  • Duración: 44 minutos
  • Idioma orixinal: Albanés
  • Dirección: Xhanfise Keko
  • Guión: Nasho Jorgaqi
  • Elenco: Zhaklina Dhimojani, Violeta Manushi, Teuta Doçi, Anila Kardhashi
  • Montaxe: Emine Kasapi
  • Dirección de arte: Murteza Fushekati
  • Son: Abdulla Osmanlliu
  • Música: Robert Radoja
  • Fotografía: Ilia Terpini
  • Produtora: Shqipëria e Re