Un conto de Michel de Montaigne + Un herdeiro + A propósito de Venecia + Diálogo de sombras
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Un conto de Michel de Montaigne + Un herdeiro + A propósito de Venecia + Diálogo de sombras
- Jean-Marie Straub & Danièle Huillet
- Repertorio
- DCP2K
Un conto de Michel de Montaigne (Un conte de Michel de Montaigne, 35', 2013, VOSE)
Barbara Ulrich le un ensaio de Montaigne mentras Straub, intercala imaxes dun monumento ao escritor e fundidos en negro, onde semellan confluír as historias non diluídas do cinema e a literatura.
Un herdeiro (Un héritier, 21', 2011, VOSE)
Segundo filme de Straub sobre a súa rexión natal, Alsacia, a partir do texto de Maurice Barrès Al servicio de Alemania. O protagonista do filme vaga polo monte seguindo a pista dun doutor rural.
A propósito de Venecia (À propos de Venise, 24', 2014, VOSE)
Gloria e destrución da gran República (de Venecia): os motivos son múltiples, complexos, históricos e psicolóxicos, humanos e demasiado humanos. Son os mesmos ingredientes, de cuxa mestura e evolución depende se a actual Europa sobrevivirá?
Diálogo de sombras (Dialogue d'ombres, 28', 2013, VOSE)
Homenaxe a Danièle Huillet, compañeira e codirectora de Jean-Marie Straub, falecida en 2006. Está asinada tamén por ela e datada entre 1954, ano en que Straub e Huillet se coñeceron e leron o texto de Georges Bernanos en que se basea, e 2013, cando Straub filmou a Bertrand Brouder e Cornelia Geiser, protagonistas-lectores do texto.
- Título orixinal: Un conte de Michel de Montaigne + Un héritier + À propos de Venise + Dialogue d’ombres
- Dirección: Jean-Marie Straub