I Mostra de Curtas Sociais

  • Estrea
  • VO

I Mostra de Curtas Sociais

  • Estrea

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento programa unha sesión de curtametraxes unidas polo seu compromiso social que contarán coa presentación de Álvaro Gago, director de «Matria», triunfadora en Sundance e a SEMINCI entre outros certames. Na sesión proxectaranse as curtas Damiana, Toute le monde aime le bord de la mer, A Drowning Man, Matria e Try Outs.

Damiana (Andrés Ramírez Pulido, 14', 2017, VO)
Nas profundidades da selva, un grupo de nenas adolescentes permanecen baixo vixilancia. A pesar do abandono e a hostilidade, Damiana agarda ter contacto co seu pai.
Nomeada á Palma de Ouro á mellor curtametraxe en Cannes

Tout le monde aime le bord de la mer (Keina Espiñeira, 15', 2015, VOSE)
Un grupo de homes agarda nas marxes dun bosque costeiro para viaxar a Europa. Atópanse nun limbro entre o tempo e o lugar. Alí grávase un filme no que documental e ficción entrelázanse constantemente. A paisaxe muda, onde están xa non é o seu fogar. Non hai praias bonitas, a auga non é transparente, non é clara. No bosque, contos do pasado colonial fúndense co presente estático.
Mellor curtametraxe no Festival de Rotterdam

A Drowning Man (Mehli Fleifel, 15', 2017, VOSE)
Fatah atravesa as rúas da actual cidade de Atenas tentando atopar diñeiro de abondo para pasar a fronteira. Na súa viaxe, atopa a sabedoría e a desesperación que impregna este lugar e define a súa existencia.
Mellor curtametraxe na Seminci de Valladolid e nomeada á Palma de Ouro á mellor curtametraxe en Cannes

Matria (Álvaro Gago, 20', 2017, VO)
Ante os desafíos que representa a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.
Gran Premio do Xurado en Sundance

Try Outs (Susana Casares, 14', 2014, VO)
Ser adolescente non é doado, especialmente para Nayla, unha moza americana musulmá que quere entrar no equipo de animadoras do seu novo instituto.
Mellor curtametraxe en Málaga

  • Título orixinal: I Mostra de Curtas Sociais