No Cow on the Ice + Hacked Circuit

  • DCP2K
  • VOSE

No Cow on the Ice + Hacked Circuit

  • DCP2K

Un mozo galego migra a Suecia, onde desempeña varios traballos a tempo parcial mentres trata de emprender a súa carreira cinematográfica. A aprendizaxe dun novo idioma e a súa fascinación por unha paisaxe insólita convértense axiña en dous estímulos fundamentais fronte ás dificultades do seu proceso de adaptación no novo país. Mediante a documentación constante do seu novo hábitat, os seus diversos oficios, e as súas novas relacións, Domínguez Serén reflexiona sobre a súa nova condición de emigrante-inmigrante.

***

Antes de No Cow on the Ice proxectarase a curtametraxe Hacked Cirtuit, dirixida pola cineasta norteamericana Deborah Stratman. A proxección conta coa colaboración de Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, no que Hacked Circuit foi proxectada na edición de 2013.

  • Título orixinal: Ingen ko på isen
  • Ano: 2015
  • Duración: 63 minutos
  • Dirección: Eloy Domínguez Serén + Deborah Stratman
  • Guión: Eloy Domínguez Serén
  • Participación: Fathia Mohidin, Harriet Stenis, Eloy Domínguez Serén, José Dominguez Padín, Maria del Carmen Serén, Araceli Domínguez Serén, Alba Domínguez Serén, Geraldine Mangeni, Javier Rueda, Monica Sand
  • Montaxe: Eloy Domínguez Serén
  • Son: Ricardo Atienza, Niklas Billström, Johanna Byström, Sara Campanella.
  • Fotografía: Eloy Domínguez Serén
  • Produtora: Eloy Domínguez Serén
  • Distribuidora: Eloy Domínguez Serén
Play Doc 2016 (mellor filme), Filmadrid 2016 (mellor filme - Pasaxes de Cinema, Xurado ECAM), L'Alternativa 2015 (mellor guión). Proxectado nas seccións oficiais de Visions du Réel 2015, Sevilla 2015, Mar del Plata 2015.