No Other Land

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Máis sesións

No Other Land

Basel Adra, mozo activista palestino de Masafer Yatta, en Cisxordania, loita desde a súa infancia contra a expulsión masiva da súa comunidade polas autoridades israelís. Documenta a erradicación a cámara lenta das vilas da súa rexión natal, onde os soldados despregados polo goberno israelí derruban aos poucos as casas e expulsan os seus habitantes. Nun momento dado, coñece a Yuval, un xornalista israelí, que o apoia nos seus esforzos. Xorde así unha improbable alianza. Pero a relación entre ambos ténsase pola enorme desigualdade que os separa: Basel vive baixo ocupación militar mentres que Yuval vive libremente e sen restricións.

  • Título orixinal: No Other Land
  • Ano: 2024
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Basel Adra, Hamdan Ballal, Yuval Abraham, Rachel Szor
  • Montaxe: Basel Adra, Hamdan Ballal, Yuval Abraham, Rachel Szor
  • Son: Bård Farbu
  • Música: Julius Pollux Rothlaender
  • Fotografía: Rachel Szor
  • Produtora: Yabayay Media, Antipode Films (Palestina, Noruega)
  • Distribuidora: Filmin
Berlinale 2024 (Premio do Público Sección Panorama, Mellor Documental)