Nubes dispersas

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 24 de xuño

Nubes dispersas

Yumiko, unha moza casada, está embarazada por primeira vez. O seu marido Hiroshi, que traballa no Ministerio de Comercio e Industria, subiu de categoría e ten un novo destino en Washington. Porén, todo se vén abaixo cando Hiroshi morre atropelado nun accidente de tráfico. Aínda que o condutor do coche é declarado inocente, vive atormentado polo sentimento de culpa e decide axudar a viúva, pero ela rexéitao.

  • Título orixinal: Midaregumo
  • Ano: 1967
  • Duración: 108 minutos
  • Idioma orixinal: Xaponés
  • Dirección: Mikio Naruse
  • Guión: Nobuo Yamada
  • Elenco: Yûzô Kayama, Yôko Tsukasa, Yu Fujiki, Mitsuko Kusabue, Daisuke Kato, Mitsuko Mori
  • Montaxe: Eiji Ooi
  • Son: Masao Fujiyoshi, Hisashi Shimonaga
  • Música: Tôru Takemitsu
  • Fotografía: Yuzuru Aizawa
  • Produtora: Toho (Xapón)
  • Distribuidora: Penteo Films