O día dos mortos
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
O día dos mortos
- Especial Noite de Samaín
- Repertorio
- DCP2K
Os zombies apoderáronse do planeta e o número de humanos redúcese a un por cada 400.000 mortos viventes. Un pequeno grupo de científicos e militares refúxiase nunha antiga instalación subterránea do goberno. Alí tentan contactar sen éxito con outros grupos de superviventes. No entanto, os doutores investigan a orixe do fenómeno e a súa posible cura, á vez que tenta domesticar un zombie que manteñen encadeado. A medida que o tempo pasa, as tensións entre os científicos e os soldados irán medrando dentro do grupo. Clásico do cinema de zombies dirixido por George A. Romero ―director d'A noite dos mortos viventes (1968)―.
A sesión dará inicio ás 23:50h, precedida do Asalto á comisaría do distrito 13, de John Carpenter. A entrada aos dous pases do Especial Noite de Samaín ten un prezo especial de 9€ reservando na billeteira da sala.
- Título orixinal: George A. Romero's Day of the Dead
- Ano: 1985
- Duración: 102 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: George A. Romero
- Guión: George A. Romero
- Elenco: Lori Cardille, Terry Alexander, Joseph Pilato, Jarlath Conroy, Anthony Dileo Jr., Richard Liberty, Sherman Howard, Gary Howard Klar, Ralph Marrero, John Amplas, Phillip G. Kellams, Taso N. Stavrakis, Greg Nicotero
- Montaxe: Pasquale Buba
- Dirección de arte: Bruce Alan Miller
- Vestiario: Barbara Anderson
- Son: John Harrison
- Música: John Harrison
- Fotografía: Michael Gornick
- Produtora: Laurel Communications (EEUU)
- Distribuidora: A Contracorriente Films