
O gran camiño
- Estrea
- DCP2K
- VO
O gran camiño
- Estrea
- DCP2K
Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de cineastas que decide cargar as súas cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camino Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha desculpa para unha viaxe máis profunda na procura da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o retorno a un mesmo.
- Título orixinal: The great way
- Ano: 2021
- Duración: 82 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alba Prol Cid, Raúl García
- Guión: Alba Prol Cid, Raúl García
- Montaxe: Raúl García
- Fotografía: Alba Prol Cid, Raúl García
- Produtora: Meteórica Cine
- Distribuidora: Super 8 Distribución


