O gran camiño

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

O gran camiño

  • Estrea
  • DCP2K

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de cineastas que decide cargar as súas cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camino Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha desculpa para unha viaxe máis profunda na procura da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o retorno a un mesmo.

  • Título orixinal: The great way
  • Ano: 2021
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Alba Prol Cid, Raúl García
  • Guión: Alba Prol Cid, Raúl García
  • Montaxe: Raúl García
  • Fotografía: Alba Prol Cid, Raúl García
  • Produtora: Meteórica Cine
  • Distribuidora: Super 8 Distribución
New York Cinematography Awards 2020 (Mellor Filme de Viaxes e Natureza), Estambul 2020 (Mellor Filme), Ourense 2020 (Sección Oficial)