El monstruo en la piedra

  • DCP2K
  • VO

El monstruo en la piedra

  • DCP2K

Durante toda unha noite e até o amencer, o escritor arxentino Alberto Laiseca accede a responder ás preguntas que formulou a personaxes das súas obras trazando un diálogo entre os personaxes e o seu autor. Neste xogo borgeano, Ignasi Duarte, un entrevistador paradóxico e case invisíbel, crea un espazo onde lida co medo, a morte, o amor e o mito, sen esquecer a cervexa. Este facer literario a porta pechada tamén é físico, filmado nun pequeno apartamento de dous cuartos, como un espazo mental, coa cámara focalizada só no escritor, até o desenlace.

Proxección realizada en colaboración coa Galería Trinta

  • Título orixinal: El monstruo en la piedra
  • Ano: 2016
  • Duración: 50 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Ignasi Duarte
  • Guión: Ignasi Duarte
  • Participación: Alberto Laiseca e Ignasi Duarte
  • Montaxe: Andrés Fechtenholz
  • Dirección de arte: Lionel Braverman
  • Son: Mercedes Tennina, Mathieu Farnarier, Zaki Allal
  • Fotografía: Andrés Fechtenholz
  • Produtora: Bureau Monumental (Francia)
  • Distribuidora: Ignasi Duarte
FID Marseille 2016 (Mención Especial Premio CNAP), Pravo Ljudski Sarajevo 2016 (Sección oficial), Mar del Plata 2016 (Panorama), L'Alternativa 2016 (Premio Panorama), Transcinema 2016 (Panorama), Mostra de Cinema Llatinoamericá de Catalunya (Mención especial)