O rostro

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

O rostro

Suecia, mediados do século XIX. Dentro dun vehículo engulido pola brétema, viaxa unha compañía de artistas ambulantes, cuxo xefe é o doutor Vogler, mago e hipnotizador que vai acompañado dunha anciá bruxa, experta en pócemas de amor e da súa muller e axudante. Ao pasar por unha cidade convértense no branco das burlas e humillacións dun comité encabezado polo cínico doutor Vergerus, un médico que lle pide a Vogler unha representación.

  • Título orixinal: Ansiktet
  • Ano: 1958
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Sueco
  • Dirección: Ingmar Bergman
  • Guión: Ingmar Bergman
  • Elenco: Max von Sydow, Ingrid Thulin, Gunnar Björnstrand, Åke Fridell, Naima Wifstrand, Bibi Andersson, Bengt Ekerot, Erland Josephson
  • Montaxe: Oscar Rosander
  • Dirección de arte: Karl-Arne Bergman
  • Vestiario: Greta Johansson, Manne Lindholm
  • Son: Åke Hansson, Aaby Wedin
  • Música: Erik Nordgren
  • Fotografía: Gunnar Fischer
  • Produtora: Svensk Filmindustri (Suecia)
  • Distribuidora: A Contracorriente
Venecia 1959 (Premio Especial do Xurado), BAFTA 1959 (Nomeado a mellor filme)