O teito da balea
- Estrea
- DCP2K
- VOSG
O teito da balea
- MICE 2021
- Estrea
- DCP2K
A finais dun alternativo século XX, Jean, un antropólogo holandés e a súa muller Eva aceptan a oferta de Narciso, un millonario comunista que os convida a aventurarse na natureza patagónica para estudar a lingua dos dous últimos indios yachanes. Rodada en Holanda en seis linguas distintas (incluída unha inventada) e aproximadamente nunha semana e sen guión, O teito da balea, é unha sátira do imperialismo cultural, a antropoloxía e a lingüística, achegándose desde a fábula a conceptos como a alienación, o etnocentrismo ou a apropiación cultural.
- Título orixinal: Het dak van de walvis
- Ano: 1982
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Raoul Ruiz
- Guión: Raoul Ruiz
- Participación: Willeke van Ammelrooy, Jean Badin, Fernando Bordeu, Herbert Curiel, Luis Mora, Amber De Grau, Ernie Navarro
- Montaxe: Valeria Sarmiento
- Son: Mildred Van Leeuwaarden
- Música: Jorge Arriagada
- Fotografía: Henri Alekan
- Produtora: Monica Tegelaar e Kees Kasander