O tesouro
- Estrea
- DCP 2K
- Todos os públicos
- VOSE
O tesouro
- Estrea
- DCP 2K
- Todos os públicos
Costi ten un fillo de seis anos e polas noites gústalle lerlle historias para axudalo a durmir. Un día, un veciño chama á súa casa para pedirlle prestados 800 euros, que necesita para evitar o embargo da súa casa. Claro que Costi non pode axudalo. Porén, cando o veciño volve e lle explica que eses cartos son para contratar a un buscador de metais que o axude a atopar un tesouro enterrado na casa da súa nai, o protagonista amosará verdadeiro interese e decidirase a colaborar co seu veciño ao cambio da metade do tesouro.
- Título orixinal: Comoara
- Ano: 2015
- Duración: 89 minutos
- Idioma orixinal: Rumano
- Dirección: Corneliu Porumboiu
- Guión: Corneliu Porumboiu
- Elenco: Toma Cuzin, Adrian Purcarescu, Corneliu Cozmei, Cristina Cuzina Toma, Nicodim Toma, Dan Chiriac, Iulia Ciochina
- Montaxe: Roxana Szel
- Dirección de arte: Arantxa Etcheverria
- Vestiario: Monica Florescu
- Son: Sebastian Zsemlye, Alexandru Dragomir, Mirel Cristea, Thierry Delor
- Fotografía: Tudor Mircea
- Produtora: 42 Km Film (Romanía), Les Films du Worso, Rouge International (Francia)
- Distribuidora: Surtsey Films
Cannes 2015: Mellor reparto ("Un Certain Regard")