O vento entre as canas
- Estrea
- DCP2K
- +3
- VO
O vento entre as canas
- Estrea
- DCP2K
- +3
Encaixes e dragóns (Anaïs Sorrentino, 5 min)
Unha tarde unha nena xoga ás cociñas cunhas amigas, pero abúrrese moito porque prefire xogar aos cabaleiros. Buscando compañeiros de xogo á altura das súas ambicións coñece un dragón que tamén está canso de ser sempre o malo, un gato ao que lle gusta presumir e un galo melómano.
A caza do dragón (Armand Demuynk, 6 min)
Dous mozos príncipes deciden xogar á caza do dragón. Primeiro atrapan á súa irmá dicíndolle que non é cousa de nenas. A princesa halles dar unha resposta doce, xoguetona e rotunda. Baseada en La chasse au Dragon de Andréa Nève e Jean-Luc Englebert.
A nena e a noite (Madina Iskhakova, 9 min)
Había unha nena que vivía con tres búfalos. Cando escurecía, regresaban correndo á súa casa. Pechaban todas as portas, fiestras e cortinas. Pero, unha noite, esqueceron pechar unha fiestra.
A unicornio (Rémi Durin, 13 min)
Un día un rei ve, no bosque do seu pequeno reino, un ser extraordinario, branco como a neve e veloz como o vento. O rei ordea ao cabaleiro Pasiño que busque a criatura, pero non consegue dar con ela. A pequena raíña sabe como atraer o unicornio ao castelo. O mítico animal, a pesar dos coidados e atencións que recibe, cae enfermo. Baseado no cómic La licorne de Martine Boutre, publicado en Ëditions Pastel.
O vento entre as canas (Nicolas Liguori, Armand Demuynck, 26 min)
Eliette, unha nena de oito anos, vive nun país onde o rei prohibiu a música. A un trovador de Oriente confíscanlle os seus instrumentos. Pero el é pouco dado á servidume e, xunto á pequena Eliette, conducirá o pobo a se liberar da tiranía.
- Título orixinal: El viento entre las cañas
- Duración: 58 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: VV.AA.
- Distribuidora: Pack Màgic