
Olivia y el terremoto invisible
- Estrea
- DCP2K
- TP
- VO
Olivia y el terremoto invisible
- Petís NUMAX
- Estrea
- DCP2K
- TP
Olivia, o seu irmán pequeno Tim e a súa nai Ingrid son expulsados de casa e teñen que empezar de cero noutro barrio. Mentres Ingrid fai malabares para resolver a situación, Olivia invéntase unha fantasía protectora para o seu irmán e para ela: todo o que viven non é real, están a rodar unha película. Pero esta invención terá consecuencias inesperadas. Afortunadamente, ao seu ao redor formarase unha nova e pintoresca familia coa que vivirán rocambolescas aventuras. Entre risas, prantos, maxia e amizade, descubrirán que son os incribles heroes cotiáns das súas propias vidas.
Adaptación cinematográfica do libro La película de la vida de Maite Carranza.
- Título orixinal: Olivia y el terremoto invisible
- Ano: 2025
- Duración: 70 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Irene Iborra Rizo
- Guión: Irene Iborra, Maite Carranza, Júlia Prats.. Adaptación do libro 'La película de la vida', de Maite Carranza.
- Montaxe: Julie Brenta
- Música: Laetitia Pansanel-Garric
- Fotografía: Isabel de la Torre, Charles de Ville
- Produtora: Coproducción España-Francia-Bélgica-Chile; Citoplasmas Stopmotion, Cornelius Films, Bígaro Films, Vivement Lundi, Panique, Pájaro Studio
- Distribuidora: Filmax




