Onoda, 10.000 noites na xungla
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
Onoda, 10.000 noites na xungla
- Estrea
- DCP2K
- +12
Finais de 1944. Xapón está a ser derrotado na II Guerra Mundial. Ás ordes do misterioso Maior Taniguchi, o mozo tenente Hiroo Onoda é enviado a unha illa filipina pouco antes de que aconteza o desembarco estadounidense. Levando canda si un fato de soldados, Onoda comeza unha misión delirante nas profundidades da xungla, unha guerra secreta e ilusoria. O obxectivo principal: non morrer. Para o Imperio nipón, a guerra está a piques de rematar. Para Onoda, rematará 10.000 noites despois.
- Título orixinal: Onoda, 10.000 nuits dans la jungle
- Ano: 2021
- Duración: 165 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Arthur Harari
- Guión: Arthur Harari, Vincent Poymiro
- Elenco: Issei Ogata, Inowaki Kai, Shinsuke Kato, Kanji Tsuda, Yûya Matsuura, Yuya Endo, Tetsuya Chiba
- Montaxe: Laurent Sénéchal
- Dirección de arte: Phy Dam, Chanry Krauch, Chivy Meach, Tita Na
- Vestiario: Catherine Marchand, Patricia Saive
- Son: Ivan Dumas, Andreas Hildebrandt, Carsten Richter
- Música: Sebastiano De Gennaro, Enrico Gabrielli, Olivier Marguerit, Andrea Poggio, Gak Sato
- Fotografía: Tom Harari
- Produtora: bathysphere, To Be Continued, Ascent Films, Pandora Film Production, Chipangu, Frakas Production, Anti-Archive
- Distribuidora: Atalante Cinema
Cannes 2021 (Un Certain Regard), Premios César 2022 (Gañadora mellor guión orixinal), Festival Sevilla 2021 (Gran premio do xurado, Gañadora mellor guión), SFCC 2021 (Mellor filme francés), Premio Louis-Delluc 2021