Os vestixios
- Estrea
- DCP4K
- VO
Os vestixios
- Estrea
- DCP4K
Vestixio, do latín vestigium, significa pegada, resto, pero tamén indagar. A través de imaxes de grande beleza poética, a guionista e directora Rosa Taboada recrea toda a atmosfera escurantista dunha época da historia do noso patrimonio relixioso e, ao mesmo tempo, dálle continuidade no tempo presente.
A curtametraxe aposta por describir en primeira persoa as sensacións interiores que se experimentan ao entrar por primeira vez nos espazos do templo durante o tempo da noite, sen visitantes, tratando de atopar as pegadas e vestixios do Reino Medieval que chegaron ata o nosos días.
O acto contará coa presenza da actriz protagonista Melania Cruz, a guionista e directora Rosa Taboada, a Catedrática de Arte da USC Rocío Sánchez Ameijeiras e do resto do equipo do filme.
- Título orixinal: Os vestixios
- Ano: 2022
- Duración: 20 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Rosa Taboada
- Guión: Rosa Taboada
- Elenco: Melania Cruz
- Son: Alberto Blanco
- Música: Martín Códax
- Fotografía: Jaime Cuña
- Produtora: Martela Films