![](https://numax.org/storage/cache/images/3e3/1721733441-460_81d7198f-perfect_days_100093.jpg)
Perfect Days
- Estrea
- DCP2K
- +7
- VOSE
Perfect Days
- Estrea
- DCP2K
- +7
Hirayama parece totalmente satisfeito coa súa sinxela vida de limpador de retretes en Tokio. Fóra da súa estruturada rutina diaria, goza da súa paixón pola música e os libros. Encántanlle as árbores e failles fotos. Unha serie de encontros inesperados revelan aos poucos máis do seu pasado.
Gañadora do premio á Mellor Interpretación Masculina para o seu protagonista Kôji Yakusho (13 asasinos) e do Premio Ecuménico do Xurado no Festival de Cannes 2023. O director tres veces nomeado ao Óscar, Wim Wenders (Paris, Texas, Ceo sobre Berlín), rende homenaxe ao cineasta xaponés Yasujirô Ozu con esta reflexión profundamente conmovedora e poética sobre como atopar a beleza no mundo cotián que nos rodea.
- Título orixinal: Perfect Days
- Ano: 2023
- Duración: 123 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Wim Wenders
- Guión: Wim Wenders, Takuma Takasaki
- Elenco: Koji Yakusho, Arisa Nakano, Tokio Emoto, Sayuri Ishikawa, Tomokazu Miura
- Montaxe: Toni Froschhammer
- Vestiario: Daisuke Iga
- Son: Frank Kruse
- Música: Milena Fessmann
- Fotografía: Franz Lustig
- Produtora: Master Mind Limited, Wim Wenders Productions (Xapón)
- Distribuidora: A Contracorriente
![](https://numax.org/storage/cache/images/b7b/1721733517-600x424_85e2e52b-01_perfectdays_-c-2023-master-mind-ltd.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/34d/1721733517-600x424_85e2e52c-02_perfectdays_koji-yakusho_arisa-nakano_-c-2023-master-mind-ltd.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/4cb/1721733518-600x424_85e2e52c-05_perfectdays_-c-2023-master-mind-ltd.jpg)