Pioneiras#03: Germaine Dulac

  • Repertorio
  • DCK2K
  • VO
Pase único 8 de maio

Pioneiras#03: Germaine Dulac

A terceira entrega do noso ciclo "Pioneiras" achéganos a arte da directora francesa Germaine Dulac que, en plena década dos 20, fixo confluír pensamento feminista e vangarda en numerosas curtas e mediametraxes das que aquí ofrecemos unha escolla.

Étude cinégraphique sur une arabesque
Germaine Dulac | 1929 | 5 min
Filme experimental que xoga coa luz dunha maneira moi creativa presentando imaxes de caracois, auga, a tea dunha arañeira ou os vidros.

Celles qui s'en font
Germaine Dulac | 1928 | 6 min
Na primeira parte, seguimos unha muller indixente que bebe nun café. Na segunda, unha muller móstrase abatida polo rexeitamento dun amante.. Con Lilian Constantini e Georges Vallée

Thèmes et variations
Germaine Dulac | 1928 | 10 min
Evoco unha bailarina. Unha muller? Non. Unha liña que rebota con ritmo harmonioso. Evoco unha proxección lumínica entre veos. Materia concreta? Non. Ritmo fluído. Por que debera un deixar na pantalla o pracer que o movemento nos provoca no teatro? Harmonía de liñas. Harmonía de luz. Liñas, superficies, volumes que evolúcen sen o artificio da evocación, na lóxica das súas formas, desposuídos de calquera sentido humano, permitindo elevarse cara á abstracción, dando así máis espazo para as sensacións e os soños. (Germaine Dulac)

L'invitation au voyage
Germaine Dulac | 1927 | 36 min
Nun cabaret do peirao un aristocrático conde pasa a noite, cos seus soños e frustracións, a súa vida falsa e as súas ansias. Con Emma Gynt e Raymond Dubreuil

  • Título orixinal: Pioneiras#03: Germaine Dulac
  • Ano: 1927
  • Duración: 57 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Germaine Dulac