Documenteur + Ulysse + As chamadas cariátides

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Documenteur + Ulysse + As chamadas cariátides

Documenteur
Documenteur | Agnès Varda | 1981 | 65 min
Varda reflexiona sobre o proceso de alienación e marxinación dunha muller divorciada que acaba de chegar a Los Angeles co seu fillo. Documenteur emprega distintas convencións da ficción e non ficción na súa exploración das relacións entre as persoas da cidade.

Ulysse
Ulysse | Agnès Varda | 1983 | 22 min
Ao borde do mar, unha cabra, un cativo e un home...Trátase dunha enigmática e fermosa fotografía que a propia directora tomou no Exipto case trinta anos antes da realización deste documental. A partir desta imaxe fixa, Agnès Varda ofrécenos unha análise dos significados que subxacen da mesma a nivel mitolóxico, alegórico, histórico e persoal, nunha apaixonada exploración entre o imaxinario e o real confrontando a memoria coa inmortalidade do instante fotográfico.

As chamadas cariátides
Les dites cariatides | Agnès Varda | 1984 | 11 min
Multiplicáronse as estatuas de mulleres, as columnas humanas, as cariátides de París. No momento no que Baudelaire gardou silencio. As chamadas cariátides é un estudo artístico con versos do poeta de fondo.

  • Título orixinal: Documenteur + Ulysse + Les dites cariatides
  • Ano: 1981
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Produtora: Ciné Tamaris
  • Distribuidora: Avalon