Puro vicio
- Estrea
- DCP2K
- +16
- VOSE
Puro vicio
- Estrea
- DCP2K
- +16
Puro vicio é o sétimo filme de Paul Thomas Anderson e a primeira adaptación cinematográfica dunha novela de Thomas Pynchon. Os psicodélicos 60 esmorecen e a paranoia está á orde do día. Doc sabe que «amor» é outra desas palabras que andan dando voltas por aí, coma «trip» ou «groovy», e que se están a empregar demasiado. Cunha galería de personaxes que inclúe surfistas, estafadores, drogadictos e rockeiros, un usureiro asasino, detectives do Departamento de Policía de Los Ángeles, un saxofonista tenor que traballa de incógnito e unha entidade misteriosa coñecida como Golden Fang (Cabeiro Dourado) que tal vez só sexa unha evasión de impostos levada a cabo por uns dentistas... Parte surf noir, parte farsa psicodélica; puro Thomas Pynchon.
- Título orixinal: Inherent Vice
- Ano: 2014
- Duración: 148 minutos
- Dirección: Paul Thomas Anderson
- Guión: Paul Thomas Anderson, a partir dunha novela de Thomas Pynchon
- Elenco: Joaquin Phoenix, Josh Brolin, Katherine Waterston, Owen Wilson, Reese Witherspoon, Benicio del Toro, Joanna Newsom, Martin Short, Hong Chau, Jena Malone, Jordan Christian Hearn, Michael K. Williams, Martin Donovan, Peter McRobbie, Serena Scott Thomas, Belladonna, Eric Roberts, Maya Rudolph, Jeannie Berlin, Sasha Pieterse, Keith Jardine
- Montaxe: Leslie Jones
- Dirección de arte: Ruth De Jong
- Música: Jonny Greenwood
- Fotografía: Robert Elswit
- Produtora: Ghoulardi Film Company
- Distribuidora: Warner Bros. Pictures