Reboiras. Acción e corazón
- Estrea
- VO
Reboiras. Acción e corazón
- Estrea
Na madrugada do 12 de agosto de 1975 foi asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza.
En 2020, cando se fan os 45 anos do seu asasinato, 'Reboiras. Acción e corazón' leva á pantalla un retrato deste mozo galego construído desde a vertente humana e política. A súa traxectoria e o seu pensamento son recreados a través de 29 entrevistas de testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra recrea a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e recolle filmacións históricas e de arquivo.
- Título orixinal: Reboiras. Acción e corazón
- Ano: 2020
- Duración: 61 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alberte Mera
- Guión: Alberte Mera
- Elenco: Daniel Celester, Lidia Veiga, Daniel Prieto, Carlota Mosquera, Sergio Alfonso, Aldán Dacosta
- Participación: Nemésio Barxa Álvarez, Maribel Boubeta Bermúdez, Xosé María Brañas Pérez, Darío Xohán Cabana Yanes, entre outros
- Montaxe: Jose Aragunde, Alberte Mera
- Dirección de arte: Samuel Lema
- Vestiario: Antía Insua
- Son: Adrián Porima
- Música: Marcos Paino, Álex Salgueiro
- Fotografía: Jose Aragunde
- Produtora: Terra e Tempo
- Distribuidora: Alberte Mera