Rock Bottom

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Rock Bottom

Rock Botton é a historia de amor autodestrutivo entre Bob e Alif, unha parella de artistas que viven o ambiente creativo e rompedor da cultura hippie dos anos 70. A súa relación florece nun verán apaixonado, pero as drogas transforman a súa vida nun pesadelo. Inspirada na vida e música de Robert Wyatt, a película explora a euforia e a angustia da creación artística, a fascinación inconsciente polas drogas, o desgaste provocado na parella pola rutina e a degradación física e mental que resulta da busca desenfreada de liberdade.

  • Título orixinal: Rock Bottom
  • Ano: 2024
  • Duración: 86 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: María Trénor
  • Guión: María Trénor, Joaquín Ojeda
  • Montaxe: Joaquín Ojeda de Haro
  • Produtora: Alba Sotorra Clua, Miguel Molina, Robert Jaszczurowski, Adán Aliaga, Joaquín Ojeda de Haro, Dani Bagur
Sección oficial do Festival Annecy 2024