Ruben Brandt, coleccionista

  • Estrea
  • DCP4K
  • +16
  • VOSE

Ruben Brandt, coleccionista

  • Estrea
  • DCP4K
  • +16

O psicoterapeuta Ruben Brandt sofre pesadelos violentos inspirados en 13 obras de arte famosas, incluídas «Retrato do carteiro Joseph Roulin» de Van Gogh, a «Venus de Urbino» de Tiziano e «Muller con libro» de Picasso. Catro dos seus pacientes, que son ladróns expertos, ofrécense a roubar as obras, xa que cren que unha vez que as posúa han desaparecer os pesadelos. El acepta o plan e eles cóanse en museos e galerías de arte de todo o mundo. Brandt convértese n'O coleccionista, un dos criminais máis buscados. Gánsters e cazarrecompensas búscano para gañar os 100 millóns de dólares que se pagan pola súa captura. Un grupo de compañías de seguros contrata a Mike Kowalski, un detective privado e experto en roubos de arte, para resolver o caso.

  • Título orixinal: Ruben Brandt, Collector
  • Ano: 2018
  • Duración: 96 minutos
  • Idioma orixinal: Húngaro, inglés
  • Dirección: Milorad Krstic
  • Guión: Milorad Krstic, Radmila Roczkov
  • Montaxe: Milorad Krstic, Marcell Laszlo, Danijel Milosevic, László Wimmer
  • Dirección de arte: Zsolt Maticska
  • Son: Luka Barajevic, Rob Embrey, Danijel Milosevic
  • Música: Tibor Cári
  • Produtora: Ruben Brandt (Hungría)
  • Distribuidora: El Sur Films
Sevilla 2018 (Mellor Guión e Ópera Prima), Locarno 2018 (Piazza Grande), Annie 2018 (Nomeado a Mellor Filme Independente e Montaxe), Satellite Awards 2018 (Nomeado a Mellor Filme de Animación)