Ruben Brandt, coleccionista
- Estrea
- DCP4K
- +16
- VOSE
Ruben Brandt, coleccionista
- Estrea
- DCP4K
- +16
O psicoterapeuta Ruben Brandt sofre pesadelos violentos inspirados en 13 obras de arte famosas, incluídas «Retrato do carteiro Joseph Roulin» de Van Gogh, a «Venus de Urbino» de Tiziano e «Muller con libro» de Picasso. Catro dos seus pacientes, que son ladróns expertos, ofrécense a roubar as obras, xa que cren que unha vez que as posúa han desaparecer os pesadelos. El acepta o plan e eles cóanse en museos e galerías de arte de todo o mundo. Brandt convértese n'O coleccionista, un dos criminais máis buscados. Gánsters e cazarrecompensas búscano para gañar os 100 millóns de dólares que se pagan pola súa captura. Un grupo de compañías de seguros contrata a Mike Kowalski, un detective privado e experto en roubos de arte, para resolver o caso.
- Título orixinal: Ruben Brandt, Collector
- Ano: 2018
- Duración: 96 minutos
- Idioma orixinal: Húngaro, inglés
- Dirección: Milorad Krstic
- Guión: Milorad Krstic, Radmila Roczkov
- Montaxe: Milorad Krstic, Marcell Laszlo, Danijel Milosevic, László Wimmer
- Dirección de arte: Zsolt Maticska
- Son: Luka Barajevic, Rob Embrey, Danijel Milosevic
- Música: Tibor Cári
- Produtora: Ruben Brandt (Hungría)
- Distribuidora: El Sur Films