Carta branca Sabrina Fernández Casas: Alboroque + O monte é noso + Habitar

  • DCP2K
  • VO
Pase único 22 de febreiro

Carta branca Sabrina Fernández Casas: Alboroque + O monte é noso + Habitar

Convidamos a Sabrina Fernández Casas, gañadora do premio NUMAX Exhibición no Festival Intersección da Coruña coa súa obra "Alboroque", a programar unha sesión de curtas que dialoguen coa súa propia obra. A cineasta galega presentará esta carta branca na sala de cinema.

Alboroque
Sabrina Fernández Casas | 2025 | 14 min
Brigadas activistas organizan unha resistencia ecolóxica contra as prantas invasoras e a maleza descoidada que rodea as aldeas en Galicia. As limas que utilizan para afiar as súas motoserras proceden dunha fábrica de metal de Suíza.

O monte é noso
Llorenç Soler | 1978 | 33 min
Histórico documental producido pola Coordinadora de Montes Comunais e dirixido por Llorenç Soler. A fita recolle a loita dos campesiños a finais dos 70 para recuperar os montes comunais traballados polo pobo pero usurpados pola ditadura no ano 1939.

Habitar
Anxos Fazáns | 2023 | 14 min
Que é un fogar? Pode un corpo ser unha casa? Este filme tenta responder estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero galegas.

  • Título orixinal: Carta branca Sabrina Fernández Casas: Alboroque + O monte é noso + Habitar
  • Ano: 2025
  • Duración: 61 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Sabrina Fernández Casas, Llorenç Soler, Anxos Fazáns