Sanrizuka — Os campesiños da segunda fortaleza

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pases o 11 e o 15 de xuño

Sanrizuka — Os campesiños da segunda fortaleza

  • Repertorio
  • DCP2K

Un fito fundamental da historia do documental xaponés e cuarta dunha serie de sete películas dixiradas polo colectivo cinematográfico Ogawa Productions que documenta o longo movimento de protesta do campesiñado contra a construción do novo aeroporto de Narita en Sanrizuka.

Logo de varios anos de protesta, as autoridades inician expropiacións forzosas, desencadeando unha gran violencia. O campesiñado, axudado polo estudantado, enfronta a loita cun renovado sentimento de resistencia. Os cineastas adéntranse no corazón da loita, seguen os preparativos dos combates e participan neles. Entre momentos de enorme tensión, dan voz aos labregos, ás razóns da súa resistencia, a súa cólera e as súas esperanzas.

Versión dixital exportada para esta proxección polo Athénée Français Cultural Center de Toquio | O pase do sábado 15 de xuño contará con presentación de Ricardo Matos Cabo, programador e investigador da obra de Ogawa Productions

  • Título orixinal: Sanrizuka—Daini toride no hitobito / 三里塚 第二砦の人々
  • Ano: 1971
  • Duración: 143 minutos
  • Idioma orixinal: Xaponés
  • Dirección: Ogawa Shinsuke
  • Son: Asanuma Yukikazu
  • Fotografía: Masaki Tamura
  • Produtora: Nosaka Haruo, Fuseya Hiro, Honma Shusuke, Mikado Satayoshi, Nara Noriaki (Tóquio), Iizuka Toshio, Tadakoro Naoki, Iwasaki Seiji, Tanizu Hideko (Tohoku Ogawa Productions), Kikuchi Nobuyuki (Sapporo)
  • Distribuidora: Athénée Français Cultural Center (Xapón)